A rapa das bestas de Sabucedo, candidata a ser un dos dez Tesouros do Patrimonio Cultural de España

0
450

O luns, día 15 de Xuño, o Bureau Internacional de Capitais Culturais (www.ibocc.org) iniciouse o período de votación cidadá para a elección dos 10 Tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España.

A votación, que se realiza a través da páxina web www.ibocc.org, finalizará o domingo 28 de Xuño, ás doce da noite. A campaña lévase a cabo coa vontade de promover, divulgar, sensibilizar e salvaguardar o rico patrimonio cultural inmaterial español.

O patrimonio cultural inmaterial defínese, segundo a Convención para a protección do patrimonio inmaterial da Unesco, como os usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas que as comunidades, os grupos e, nalgúns casos, os individuos recoñecen como parte integrante do seu patrimonio cultural. Algunhas das súas características son as seguintes: transmítese de xeración en xeración; é recreado constantemente polas comunidades e grupos en función da súa contorna, a súa interacción coa natureza e a súa historia; infunde ás comunidades e os grupos un sentimento de identidade e de continuidade; promove o respecto da diversidade cultural e a creatividade humana; é compatible cos instrumentos internacionais de dereitos humanos existentes; cumpre os imperativos de respecto mutuo entre comunidades, grupos e individuos e de desenvolvemento sostenible.

O patrimonio cultural inmaterial maniféstase, en particular, nos ámbitos seguintes: tradicións e expresións orais; artes do espectáculo, como a música tradicional, a danza e o teatro; usos sociais, rituais e actos festivos; coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo; técnicas artesanais tradicionais.

As 45 candidaturas que aspiran a converterse nun dos 10 Tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España son, por orde alfabético, as seguintes:

1 – Bienal de Flamenco de Sevilla

2 – Camino de Santiago

3 – Canto de la Sibil•la de Mallorca (Baleares)

4 – Carnaval de Cádiz

5 – Carnaval de Santa Cruz de Tenerife

6 – Consejo de Hombres Buenos de Murcia

7- Corpus Christi de Toledo

8 – Danza de los zancos de Anguiano (la Rioja)

9 – Diada de Sant Jordi (Cataluña)

10 – Endiablada de Almonacid de Marquesado (Cuenca)

11 – Fallas de Valencia

12 – Feria de Abril de Sevilla

13 – Feria del Caballo de Jerez de la Frontera

14 – Festival de los patios cordobeses

15 – Festival de Teatro Clásico de Mérida (Extremadura)

16 – Festival Internacional de Santander

17 – Fiesta de los Huevos Pintos de Pola de Siero (Asturias)

18 – Fiesta de Santa Águeda en Zamarramala (Segovia)

19 – Fiesta del Curpillos de Burgos

20 – Fiestas de la Magdalena de Castellón de la Plana

21 – Fiestas de Moros y Cristianos de Alcoy (Alicante)

22 – Fiestas del Apóstol Santiago en Santiago de Compostela (Galicia)

23 – Fiestas del Corpus de Granada

24 – Filandón de León

25 – Fin de Año en la Puerta del Sol de Madrid

26 – Hogueras de San Juan de Alicante

27 – Jarramplas de Piornal (Cáceres)

28 – Leyenda de los amantes de Teruel

29 – Leyenda del Lagarto de la Malena de Jaén

30 – Misteri d’Elx o Misterio de Elche (Alicante)

31 – Pasión de Chinchón (Madrid)

32 – Paso del Fuego y Fiesta de las Móndidas de San Pedro Manrique (Soria)

33 – Patum de Berga (Barcelona)

34 – Procesión Cívica de El Vítor de Mayorga (Valladolid)

35 – Procesión de la Virgen de la Salud de Algemesí (Valencia)

36 – Rapa das Bestas de Sabucedo

37 – Romería del Rocío (Huelva)

38 – Sanfermines (Pamplona)

39 – Semana Grande o Aste Nagusia de Bilbao

40 – Silbo Gomero (La Gomera, Canarias)

41 – Tamborrada de San Sebastián

42 – Tradición de la Virgen del Pilar de Zaragoza

43 – Tribunal de las Aguas de Valencia

44 – Trovo de La Alpujarra (Granada y Almería)

45 – Txistu del País Vasco

Na web do Bureau Internacional de Capitais Culturais (www.ibocc.org) hai información sobre cada unha das 45 candidaturas que aspiran a converterse nalgún dos 10 Tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España.

La Patum de Berga y el Misteri d’Elx formasen parte automáticamente dos Tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España por ser declaradas pola Unesco como Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

O Bureau Internacional de Capitais Culturais (www.ibocc.org) creou e desenvolve a Capital Americana da Cultura, a Capital da Cultura Catalá, a Capital Brasileira da Cultura, a US Capital of Culture e está preparando a implantación da Capital da Cultura Española. Para o desenvolvemento das diversas capitais culturais creadas por este organismo da sociedade civil conta cun amplo apoio institucional internacional: Parlamento Europeo e Parlamento Latinoamericano; acreditación ante a Organización dos Estados Americanos; Ministerio Federal de Cultura de Brasil; Ministerio Federal de Turismo de Brasil; Parlamento de Cataluña, etc.

Os obxectivos do Bureau son os de promover e desenvolver as capitais culturais creadas polo Bureau; coordinar actividades coas outras capitais culturais existentes no mundo; promover a creación de capitais culturais nos lugares do mundo onde aínda non existe esta iniciativa; colaborar con institucións e entidades culturais para alcanzar obxectivos comúns; proporcionar asesoramiento a institucións públicas e privadas para o desenvolvemento de proxectos culturais e desenvolver directamente iniciativas culturais en todo o mundo, por exemplo foron a elección das 7 marabillas do patrimonio cultural material de Asunción (Paraguay), Barcelona, Madrid, Brasilia (Brasil), Nizhny Novgorod (Rusia) e Saraxevo (Bosnia e Herzegovina), levada a cabo co apoio das institucionais locais ou rexionais destas cidades. Xavier Tudela é o Presidente do Bureau Internacional de Capitais Culturais.

* Informacións técnicas sobre a votación

Páxina web desde onde se poderá votar:

www.ibocc.org

Apartado de esta páxina web onde estará a información:

“Patrimonio Inmaterial de España”

Inicio da votación:

Luns, día 15 de xuño de 2009, ás 00.00 h.

Final da votación:

Domingo, día 28 de xuño de 2009, ás 24.00 h.

Sistemas de votación:

Existen dúas opcións para participar na votación:

– Mensaxe SMS

– Formulario de Votación ubicado en www.ibocc.org

Mensaxe SMS

Tesoro + espazo en branco + número de candidatura elixido (1 ao50)

Envíao ao número 5523

(custo da mensaxe: 1,50 € + ive)

Formulario de Votación

Nome e apelidos:

Poboación:

Código postal:

Provincia:

Correo electrónico:

Voto:

Comentario:

É necesario encher todos os apartados deste Formulario de Votación, excepto o apartado “Comentarios”, que é opcional. Rógase escribir correctamente o correo electrónico, posto que se non é válido o voto sería anulado. Moitas grazas.

(esta opción non ten ningún custo para o votante)

Número de candidaturas:

– Medio centenar

– As candidaturas presentaranse por orde alfabético.

– O número de cada candidatura, imprescindible para votar por SMS, estará indicado na páxina web, a partir do domingo día 14 de Xuño.

– Pódese votar por un, varios ou todos os dez tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España.

Clasificación:

Durante as dúas semanas de votación facilitarase, periódicamente, información sobre o número de votantes e a clasificación provisional.

Resolución de dúbidas ou consultas:

Bureau Internacional de Capitales Culturales

Ronda Universitat, 7

08007 Barcelona

Teléfono: 934123294

Fax: 934126871

info@ibocc.org

www.ibocc.org

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*