En Extramundi non queren quedar sen festa

0
420

Padrón 2011 - Extramundi - Festas do Neno Xesús - cartelPrograma festeiro desta noite en Extramundi

Os veciños de Extramundi, no concello de Padrón, poderán gozar esta noite da festa que fora suspendida a semana pasada por mal tempo e que cada ano trae a música de verbena para honrar ao Neno Xesús.

O cartel non varía respecto da semana pasada e mantense a mesma formación musical; a grande orquestra GRAN PARADA. No campo haberá unha gran carpa aínda que non vai facer falta para a chuvia segundo os prognósticos do tempo.

GRAN PARADA comeza hoxe unha fin de semana chea  de celebracións. Á actuación de hoxe en Extramundi seguiralle mañá a de Cacheiro en Pontesampaio (Pontevedra) acompañada pola orquestra FOLIADA. Para finalizar, o domingo estará nas festas de Arra (Sanxenxo) alternando con outra grande, JERUSALÉN.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*