O mellor percebe do mundo está de festa

0
376

ponteceso-corme-festa-do-percebe-2010-cartel

O Roncudo, famoso polo seu percebe, en Corme, estivo estes días cheo de mariscadores á procura do produto estrela da zona, e podemos dicir de Galicia. Hoxe é o día da súa festa, cun programa de actos onde prima a música. Unha orquestra e charangas poñerán a nota musical a un día de festa e de exaltación gastronómica. O percebe ten hoxe a súa festa principal.

PROGRAMA DA FESTA DO PERCEBE 2010

A partir das 11:00 h:
Ao longo de todo o día, Música na Rúa coa Charanga NBA e Os Galácticos

Ás 12:00 h:
Misa Solemne na honra dos Percebeiros, cantada pola Coral Polifónica
“Brisas do Mar” de Corme

Ás 12:30 h:
Posta á venda dos vales do Percebe, Polbo, Empanada, Pan e Viño

Ás 13:30 h:
Pregón a cargo de Carlos Negreira (Expresidente de Portos de Galicia)

Ás 14:00 h:
Sesión Vermú cunha Gran Orquestra

Pola Tarde:
Sesión DJ
Paseos en Barco ata o Faro Roncudo
Xogos para os máis pequenos.

Pola Noite:
Verbena cunha Gran Orquestra e DJ Session

P.D. A Organización dispón de + de 1000 metros cadrados de
Carpa; mesas, sillas, WC e aparcamento gratuito ao lado da festa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*