A Charleston Big Band cumpre hoxe 25 anos

0
530

charleston-big-band-cartel-presentacion-19841Presentación, hai hoxe 25 anos, da nova orquestra Charleston Big Band de Padrón

Hoxe é un día histórico para Padrón, e sobre todo para a súa mellor orquestra, a CHARLESTON BIG BAND, que está de aniversario. A ilusión e sobre todo o traballo dos primeiros compoñentes mantiveron a formación padronesa sempre na primeira liña das orquestras galegas ata a actualidade, clara referencia entre as “grandes” de Galicia e mesmo do norte de España.

A orquestra CHARLESTON BIG BAND nacía hai hoxe vinte e cinco anos (9 de xuño de 1984) en Padrón, como iniciativa dun grupo de amigos que querían montar unha orquestra de gran rango e dedicada a todos os públicos. Por aquel entón eran a segunda orquestra formada por xente nova que rexurdía na verbena galega. Todos os compoñentes tiñan entre 17 e 20 anos.

Só dous meses despois da presentación da nova formación musical, esta cruza fronteiras galegas e preséntase en Asturias como a orquestra máis nova de España e actúa con La Trinca.

charleston-big-bang-1984-asturias2Presentación en Asturias da orquestra máis nova de España en 1984, a Charleston Big Band de Padrón

A súa principal característica era o estilo de seu e os compoñentes que a formaban, grandes músicos e grandes voces. Tal foi o seu éxito inicial que pouco tempo despois a orquestra se fai cun dos escenarios máis grandes e impresionantes dos existentes naquela época.

Nos anos posteriores a orquestra segue gañando fama e son moitos os artistas, tanto cantantes coma músicos, que pasan por ela e moitas as montaxes que ano tras ano van contribuíndo ao seu crecemento.

charleston-big-band-1984-cartel2Cartel da primeira formación de Charleston Big Band. Podes clicar nas tres imaxes para velas a tamaño grande

E chega o ano 2008, sen dúbida unha data que marca un antes e un despois na CHARLESTON. A orquestra presenta unha dianteira de voces totalmente nova, pero non de xente principiante, ben ao contrario, cantantes de recoñecido prestixio como son Fran Pahino, Sergio Corral e Rita Barreiro, que foi a primeira en chegar á orquestra. Tamén se ficha a un batería de primeira liña como é Jesús Lapido. Todos eles forman xunto co resto de compoñentes unha orquestra de máximo nivel.

Outro cambio de 2008 é o novo escenario, entre os máis grandes e modernos das orquestras galegas, con robótica de última xeración e tarimas que soben ata os 7 m de altura.

E 2009 é o ano do 25 Aniversario. A orquestra padronesa presenta xa o que é o espectáculo para a temporada 2009 e, ademais, está a preparar un concerto de aniversario con artistas de renome para levar a cabo un evento como se merece a orquestra… e sobre todo os seus seguidores.

O noso agradecemento á orquestra CHARLESTON BIG BAND e a Espectáculos CARLOS por permitirnos usar este material.

Feliz Aniversario!!!


Sen comentarios

Deixa unha resposta


*