Jessica Santín: de Cinema 2009 a París de Noia 2010

0
214

orquesta-cinema-2009-jessica-santinJessica Santín, ex Versalles e unha das voces femininas de Cinema 2009, incorpórase á orquestra París de Noia para a nova temporada

Jessica Santín, unha das dúas voces femininas da orquestra CINEMA, acaba de fichar pola PARÍS DE NOIA para a temporada 2010. A cantante, ex VERSALLES 2008, substituirá a Ruth na vindeira temporada da orquestra de Noia segundo a información facilitada ao noso compañeiro Santos 5c (www.orquestas.tk).

A cantante é bastante coñecida no mundo das orquestras xa que despois de formar parte da orquestra VERSALLES en 2008, fichou por CINEMA en 2009 xunto con Pili Gómez para ocupar o lugar de Genma Lareo. Agora ficha pola PARÍS DE NOIA, o que pode ser o impulso definitivo para unha carreira meteórica.

E segundo os rumores, en CINEMA parece que xa hai substituta, trataríase de Vanessa Fernández, ex JOCKER 2009 e ex PARÍS DE NOIA. De ser certo este rumor, a cantante volvería a CINEMA anos despois. Vanessa volvería ao seu grupo de hai anos, agora convertido en orquestra, e no que compartiría escenario con outra voz feminina. Pero disto, de momento, non temos confirmación.

Con esta fichaxe, Jessica Santín convértese na terceira vocalista que sae de CINEMA para PARÍS DE NOIA. Primeiro foi Vanessa Fernández, despois Genma Lareo e agora ela; por non falar tamén do contrario: a gran Pepi Rama de PARÍS DE NOIA formou parte de CINEMA antes de retirarse das orquestras.

A historia repítese; en PARÍS DE NOIA, de novo, entra unha voz ex CINEMA. Moita sorte na nova andaina.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*