A lamprea leva a festa a Arbo

0
405

orquesta-los-satelites-2010-cartel-de-facebookLos Satélites abren hoxe a Festa da Lamprea en Arbo

Chega a L edición da Festa da lamprea, en Arbo. Nesta celebración de medio século de existencia hai que facer unha festa un tanto especial. Unha combinación de gastronomía (serviranse 20.000 racións de lamprea cociñada de diferentes formas) e festa (actuarán varias das mellores orquestras de baile do momento e haberá un concerto folk e outro pop entre outras actividades) que convidará a xente a que se achegue estes días ao concello pontevedrés para exaltar o seu produto típico: a lamprea.

Cociñaranse durante as festas 7.000 unidades que darán unhas 20.000 racións en diferentes presentacións culinarias. E no apartado musical, á parte do concerto folk de TREIXADURA e a actuación o domingo de MANUEL CARRASCO, unha selección de orquestras de baile para garantir unha verbena á altura da celebración: LOS SATÉLITES (que abren hoxe as festas), CAPITOL e SINTONÍA DE VIGO para a noite do sábado e JERUSALÉN para cerrar o domingo xunto co concerto de Carrasco.

A Festa da Lamprea de Arbo está declarada de Interese Turístico, e desta volta cumpre nada máis e nada menos que medio século.

PROGRAMA COMPLETO DA FESTA DA LAMPREA 2010

VENRES 23 DE ABRIL

17:00 – Pasacalles coa charanga ”OS DO CONDADO”
17:30 – Inauguración oficial de ”ARBOMOSTRA 2010”
18:00 – Entrega de premios “Vila de Arbo” na Casa do Concello.
18:30 – Apertura da exposición 2010 con horarios de 12:00 a 14:00 e pola tarde de 18:00 a 21hrs.
22:00 – Gran verbena amenizada pola orquestra LOS SATÉLITES e o Grupo folk TREIXADURA

SÁBADO 24 DE ABRIL

11:00 – Pasacalles a cargo da Banda de gaitas da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA cun concerto ás 12:00 na praza consistorial
11:00 a 22:00 Visitas a ARBOMOSTRA
12:30 – Recepción de autoridades
13:00 – Pregón
17:30 – Pasacalles coa charanga Apeles
19:00 – Pasacalles e concerto coa banda de música ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN no auditorio do centro multiusos
22:00 – Verbena coas orquestras CAPITOL e SINTONÍA DE VIGO na praza consistorial e discoteca SPACE MUSIC na praza do Mercado.

DOMINGO 25 DE ABRIL

11:00 – Pasacalles e concerto coa banda de música provincial de Rubiós
11:00 a 22:00 – Visitas a ARBOMOSTRA
12:00 – Pasacalles coa “Fanfarra” dos bombeiros voluntarios de Melsao
12:00 – Actuación folclórica cun grupo na festa.
17:00 – Pasacalles a cargo da charanga ”AIR JALISIA”
18:00 – Pasacalles e concerto no auditorio do Centro de multiusos pola banda municipal de Rubiós
21:00 – Verbena amenizada pola orquestra JERUSALÉN na praza do Mercado e seguidamente concerto de MANUEL CARRASCO na praza do consistorio. Haberá unha gran tirada de fogos artificiais á media noite a cargo de PIROTÉCNICA LA GALLEGA

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*