Axenda apretada en Panorama

0
352

orquesta-panorama-2010-presentacion-febreiro

Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa acollen os primeiros actos da orquestra Panorama 2010

O vindeiro 19 de febreiro está totalmente ocupado na axenda da orquestra PANORAMA. A formación pontevedresa presenta oficialmente a xira 2010 o próximo venres, pero non será o único acto programado.

Ás 22:00 horas terá lugar en Compostela a presentación oficial da Xira do Xacobeo. Presentación dos novos compoñentes, do novo tour 2010 e da III Gala contra o Cancro, no Teatro Principal. O aforo é limitado e é necesario solicitar butaca enviando un e-mail ao enderezo info@orquestapanorama.com.

Para rematar o día, ás 00:00 horas na sala Capitol, a esperada Festa de Fans 2010 na que estarán os compoñentes e algúns dos ex compoñentes 2009. Música, regalos e moitas outras sorpresas serán a base da programación para esta festa. Os seguidores que posúen o carné de PANORAMA poden recoller a camiseta da Xira do Xacobeo, artigo que, coma sempre, é completamente gratuíto para os fans, igual que a entrada á sala.

A normativa vixente non permite o acceso a menores de 16 anos nin sequera acompañados de maiores, por iso desde a dirección da orquestra anúnciase unha festa especialmente dedicada para eles, a Iª DIVERFESTA PANORAMA que terá lugar tamén o venres 19, pero, nesta ocasión, do mes de marzo. Karaokes, xogos, regalos e moitas sorpresas para os máis pequenos da casa.

Os próximos venres 19 os compoñentes e a dirección de PANORAMA van vivir dúas xornada repletas de actos dedicadas especialmente aos seus seguidores, como agradecemento ao éxito que a formación musical vén acadando ano tras ano. En marzo comeza A Xira do Xacobeo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*