Grandes orquestras nas festas de Meirama

0
162

grupo-ciclon-2009-cartelO grupo Ciclón e a orquestra Olympus serán as formacións encargadas de abrir as festas en Meirama (Cerceda).

A localidade de Meirama, famosa pola central de Fenosa e presidida pola gran cheminea da térmica, celebra esta fin de semana as súas festas coa presenza de polo menos tres grandes agrupacións orquestrais: Hoxe venres a orquestra OLYMPUS e o grupo CICLÓN garantirán unha verbena de luxo, con dúas das formacións que máis éxito están a ter nesta temporada. Por outra parte, mañá sábado será a orquestra NUEVA GENERACIÓN a encargada de amenizar a festa xunto cun DJ que fará unha sesión logo da verbena.

As festas nesta localidade do concello de Cerceda rematan o domingo coa actuación dun grupo musical por determinar.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*