É unha cita moi destacada nestes últimos anos en Boqueixón. Hai tempo neste concello, concretamente en Lestedo, celebrábase a Festa da Xuventude con tres orquestras de primeiro nivel na mesma praza que acolle a Festa da Filloa. Esta cita desapareceu ou, se se quere, foi cambiada por unha nova, o Spring Open Tour Party, que ofrece igualmente a actuación de tres das principais orquestras do momento no campo de fútbol da mesma localidade.

Nesta ocasión contarase coa actuación de PARÍS DE NOIA, PANORAMA e EL COMBO DOMINICANO nunha das poucas actuacións que permitirán ver as tres xuntas e única no calendario festeiro inminente.

Lestedo 2016 - Spring Open Tour Party Boqueixón - cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*