O barrio máis populoso de Vigo está en festas

0
386

vigo-festas-de-coia-2009-cartelCo comezo do mes de xullo chega outro ano máis unha nova edición das festas de Coia, o barrio máis populoso da cidade de Vigo. O programa, coma sempre, vén cargado de actividades e as verbenas terán como protagonistas as mellores orquestras de Galicia.

Nun entorno envexable, en plena cidade viguesa, terán lugar as verbenas e estará instalado o recinto de atraccións de feira, ao redor de 20 grandes atraccións, á parte de casetas e demais postos.

Polo barrio de Coia pasarán orquestras de renome como COSTA OESTE, SUAVECITO, PARÍS DE NOIA, OLYMPUS, PANAMÁ ou PANORAMA entre outras. As celebracións durarán ata o día 7.

CALENDARIO DE ORQUESTRAS EN COIA

DÍA 3 EMPERADORES e LA BÁMBOLA

DÍA 4 COSTA OESTE e SUAVECITO

DÍA 5 OLYMPUS e NUEVA GENARACIÓN

DÍA 6 PARÍS DE NOIA e NOVA PALMA

DÍA 7 PANORAMA e PANAMÁ BAND

Programa completo das festas de Coia (Vigo). A páxina web pertence ao Centro Social de Coia.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*