O grupo Ciclón e a orquestra Versalles na noite do sábado no Cruceiro da Coruña (Santiago de Compostela) / © Foto: roxegar 2010
Aínda que o lugar se chama Cruceiro da Coruña, estamos a falar dunha parroquia á entrada de Santiago de Compostela indo pola estrada que une a cidade herculina coa capital de Galicia. Para sermos máis concretos, na rúa que hai detrás da gran gasolineira de Repsol, na rotonda, e do supermercado Gadis.
O Cruceiro tennos acostumados a boas verbenas con grandes orquestras e grupos musicais. Este ano, de venres a domingo, seis bandas amenizan as festas. Para o venres COSTA OESTE e ACHÉ, para o sábado CICLÓN e VERSALLES e para o domingo GRAN PARADA e PALLADIUM.
Non se nota a crise nesta celebración popular a xulgar polo gran cartel do que estamos xa gozando estes días. E aínda que a climatoloxía non acompañe, non será problema porque hai instalada unha carpa ao longo de toda a rúa para poder celebrar un ano máis as festas con boa música.