Variedade musical nas festas de Neves de Grixoa

0
421

san-amaro-neves-de-grixoa-2010-cartel

A pequena localidade de Neves de Grixoa, no concello ourensán de San Amaro, celebra un ano máis as súas festas anuais con catro formacións musicais de estilo moi variado: o grupo pontevedrés TRIUNFO, con música moi variada e un segundo pase espectacularmente cañeiro, e a orquestra PHILADELPHIA, cun repertorio dos máis completos actualmente, serán os encargados de amenizar dentro dunhas horas a primeira verbena.

A música 100% bailable de MANILA e o espectáculo e bo facer dunha das grandes de Galicia, CHARLESTON BIG BAND, desde Padrón, serán os pratos fortes da verbena de mañá, última desta edición. Máis variedade, imposible.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*