Orquestra Aché, un ano para celebrar

0
431

Aché 2011 - orquesta - cartel

Presentamos a nova imaxe da orquestra Aché para 2011

A orquestra ACHÉ está de aniversario, o primeiro da súa nova etapa. Un ano para celebrar, un ano para lembrar pero tamén un ano para tomar como referencia e seguir mellorando. A agrupación musical de Vilanova de Arousa pode estar satisfeita da temporada que cerran, un ano no que a orquestra non pasou inadvertida, todo o contrario, para moitos foi a formación revelación de 2010.

Un repertorio enfocado a todas as idades, nova montaxe e novo escenario, pero sobre todo o contacto permanente co público en todas e cada unha das actuacións. Os de ACHÉ souberon gañarse a xente nas festas grazas ao traballo ofrecido e un oco importante entre as grandes orquestras galegas.

Por todo isto é tempo de seguir de festa e celebración. O próximo domingo 12 en Chanteclair a diversión está servida, ACHÉ celebra o aniversario con todos os que queiran ir pasar con eles un día moi especial: sorteo de regalos, fotos cos compoñentes e unha actuación musical que promete non deixar indiferente a ninguén.

Pero ademais ACHÉ recibirá o recoñecemento por parte de Radio Valga da man do presentador de Palco de Estrelas, Daniel Seijas, ao ser a gañadora do concurso anual no que os oíntes da emisora escollen a mellor orquestra e os mellores cantantes que, para máis alegría de compoñentes e seguidores, recaeu en Karmen e Lucky, membros da xa afamada formación musical.

En Festa a Festa estaremos moi pendentes de ACHÉ en 2011. Hoxe presentamos o novo cartel para a temporada que empeza, na que Mon, Karmen, Lucky, Mero e demais compoñentes seguirán ofrecendo o mellor do seu traballo e sorprendendo.

FELIZ ANIVERSARIO!!!

orquesta-ache-2010-cartel-aniversario

_______________________________________________________________________________

Para máis información sobre o aniversario de ACHÉ podes ver o vídeo promocional:

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*