Non te vaias rianxeira… Guadalupe 2009

0
404

rianxo-guadalupe-2009-cartelComezan este venres as festas de Rianxo por todo o alto, coma sempre. Unha das citas festeiras máis esperadas de todo o Barbanza e mesmo de Galicia. Oito días de troula que acabarán na gran noite do venres 18 coa celebración das bengalas, a traca final e a actuación de tres orquestras ata as 9 da mañá.

As celebracións da Guadalupe rianxeira comezan o venres 11 con música da man de CHOTOKOEU e do DJ BRUNO, moi coñecido en toda a comarca. Tamén haberá un Cantar de Cego da man de Carlos do Viso xusto despois do pregón nun dos escenarios da praza.

O Rianxo Rock, xa tradicional na vila mariñeira e que este ano estivo a piques de non celebrarse, tamén volverá un ano máis ao cartel das festas da Guadalupe.

En canto ás orquestras, serán quince, dúas diarias a partir do sábado e tres o venres 18, como de costume. Catorce delas son de Espectáculos Lito e unha de Zona Sur, a orquestra ACHÉ que substitúe no cartel ao grupo BLUESTAR. Polo tanto o mércores 16 en Rianxo, ACHÉ e OLYMPUS.

Tamén hai que destacar as orquestras rianxeiras que tocarán na casa: ABANICO, GRAN PARADA e COSTA OESTE (Taragoña).

Outras actividades como o Feirón Mariñeiro, a Feira de 1909, a procesión marítima ao a queima de lumes estarán tamén presentes na súa cita anual en Rianxo. Comeza xa a Rianxeira…

rianxo-guadalupe-2009-programa

A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira. (bis)
descalciña pola area
parece unha Rianxeira.(bis)


ESTRIBILLO

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear. (bis)

II
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo(bis)
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo (bis)


III
A virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña,(bis)
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña. (bis)

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*