Impresionante cartel en terras arousás

0
478

vilagarcia-de-arousa-sixto-solobeira-2010-cartelNo Sixto, Vilagarcía de Arousa, concentran as mellores orquestras de Espectáculos Lito e Sito Mariño

Non é usual atopar nunhas festas a LOS SATÉLITES e a PANORAMA, por pertenceren a dúas oficinas diferentes. No Sixto si. Poden presumir de contar con algunhas das mellores orquestras de Lito Espectáculos (os de PANORAMA) e Sito Mariño (LOS SATÉLITES) aínda que en días distintos.

Pero o caso é que a confección do cartel pasa por contar para as festas deste ano con orquestras de gran nivel, das mellores segundo a maioría do público, e senón mírese a listaxe de impresión: SINTONÍA DE VIGO, ARMONÍA SHOW, PARÍS DE NOIA, PANORAMA, LOS SATÉLITES e a CAPITOL.

Impresionante cartel en terras arousás que seguro fará estas festas das máis concorridas da zona. Desde logo o nivel das orquestras é dificilmente superable.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*