Orquestra Jerusalén: camiñando cara ao éxito

0
668

orquesta-jerusalen-2010-cartel

Novo cartel da orquestra Jerusalén 201. Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

A orquestra JERUSALÉN xa ten novo cartel para a xira 2010. Cunha imaxe e deseño moi modernos, a nova imaxe de JERUSALÉN xa está na rúa para promocionar unha banda que pouco a pouco se vai facendo un oco nas grandes orquestras galegas. JERUSALÉN presenta con este cartel a súa nova xira baixo o título de Caminando, o que parece unha clara referencia ao ano Xacobeo.

Hai que ver o que están cambiando os carteis das orquestras duns anos a esta parte, aínda que os promocionais destas últimas temporadas de JERUSALÉN xa destacaban polo seu deseño e orixinalidade e se apartaban do típico cartel tradicional esperable para unha orquestra popular.

No cartel 2010, como non podía ser doutra maneira, aparecen as novas fichaxes para esta temporada: Noela Rivas e Yenina Alonso nas voces, e Jorge López Ortiz na percusión. O resto da orquestra liderada por Jorge Meléndez permanece como en 2009.

JERUSALÉN continúa coa súa axenda de actuacións e o vindeiro venres actuará en Arra, unha parroquia de Portonovo, no concello pontevedrés de Sanxenxo. O resto de actuacións de xaneiro terán lugar en salas de festa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*