París de Noia abre as festas do Castiñeiriño

0
227

París de Noia - 2010 - 00039 - Aguiño (Ribeira)París de Noia abre catro días de festa no Castiñeiriño (Compostela) / Fotografía © roxegar 2010

Un dos barrios máis rurais de Santiago de Compostela, que se vai facendo urbano a golpe de piqueta, está de festas ata o próximo domingo. O Castiñeiriño garda, entre urbanizacións novas, o recendo da terra doutros tempos e segue a conservar o bo dos lugares rurais galegos.

E entre eses costumes, as súas festas populares. Polo Santo Antón o Castiñeiriño vístese cada ano de gala. O campo da festa cada vez máis cercado por novos edificios que lle dan ese novo aire urbano ao lugar, hoxe barrio, ao pé da estrada que vai cara á Estrada (valla a redundancia), acolle ata o vindeiro domingo catro xornadas de festa por todo o alto. A orquestra PARÍS DE NOIA é a encargada de comezar as celebracións, que rematarán co grupo ATENAS. Outras catro formacións musicais máis completan o programa festivo dun barrio que se resiste a ser urbano, a duras penas, pero que, ante o progreso e o desenvolvemento urbanístico da cidade, polo menos pode presumir de conservar os seus trazos máis característicos, e entre eles as festas que hoxe comezaron.

PROGRAMA MUSICAL DAS FESTAS DO CASTIÑEIRIÑO

XOVES 10.- PARÍS DE NOIA

VENRES 11.- ALKAR e GALILEA

SÁBADO 12.- ESTRELLAMAR e PONTEVEDRA

DOMINGO 13.- ATENAS

ACTUALIZACIÓN

A festa quedou suspendida por mal tempo. A actuación da orquestra PARÍS DE NOIA no Castiñeiriño será o luns día 14. Polo tanto, en vez de abrir as festas, será a encargada de cerralas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*