Vinte e cinco anos de exaltación vinícola en Betanzos

0
326

orquestra-da-tv-nordesA orquestra TV Nordés abre hoxe a XXV Feira do Viño de Betanzos. As orquestras Montes e Alarma completan o cartel ata o domingo na Cidade dos Cabaleiros

A Feira do Viño de Betanzos cumpre 25 anos. Non é esta, polo tanto, unha edición máis da xa tradicional xuntanza gastronómica, e por iso hai algunhas novidades na festa do Carregal.

Na zona do Carregal xa está todo disposto para a festa, aínda que hai algunhas iniciativas novas: desaparece a carpa onde se colocaban os adegueiros e os postos pasan para o interior dun dos polideportivos cubertos da avenida betanceira. Ademais o domingo haberá unha romaría que pretende consolidarse a partir de agora. As familias poden levar o xantar para pasar alí o día. Ás primeiras 200 familias regalaráselles unha botella de viño de Betanzos. Tamén haberá unha cunca conmemorativa do XXV aniversario.

E as orquestras dispostas para este ano son as seguintes: TV NORDÉS (a partir das 22.30 hoxe); MONTES para a noite do sábado e orquestra coruñesa ALARMA para cerrar o domingo esta edición especial.

Hai 25 anos a Feira do Viño non se asentaba no Carregal senón na praza García Hermanos (hoxe Irmáns Naveira). Co paso dos anos o evento gastronómico pasou para a avenida do Carregal e chegaron as barracas e casetas de feira. Houbo un intento de volvela a trasladar á praza céntrica de Betanzos pero finalmente, na súa 25 edición, a feira estará localizada no seu lugar habitual. Iso si, baixo tellado.

O número de viticultores é só de 8, nunha celebración onde chegou a haber 25. Pero o caso é que este ano hai pouco viño e algúns incluso o gardaron para podelo ofrecer na feira. Con pouco ou moito viño, o caso é que esta fin de semana hai unha cita festeira en Betanzos. Como desde hai 25 anos: a Feira do Viño.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*