Ilustración para Festa a Festa de Eduardo Baaamonde
Festa a Festa está de aniversario; levamos un ano informando sobre o mundo das orquestras e festas e os resultados conseguidos cremos que son positivos.
Máis de 500 artigos publicados
Máis de 50.000 visitas
Máis de 90 vídeos subidos de orquestras e festas
Máis de 800 fotografías de orquestras subidas á conta de Flickr
130 carteis promocionais de orquestras
Máis de 100 carteis promocionais de festas
Máis de 700 amigos na conta de Facebook
E con estas cifras detrás do noso traballo seguiremos ao pé do canón esperando estar publicando outra entrada coma esta dentro dun ano. A todos os que nos seguides MOITAS GRAZAS!!!
Só así se pode seguir facendo un traballo altruísta en horas de ocio para poder ofrecer o mellor que podemos toda a información sobre as nosas festas e orquestras puntualmente Festa a Festa.
Felicidades Roxegar….esperamos que sigas facendo este traballo tan ben como ata o de ahora……
Moitas grazas Judit. Por xente coma ti é por quen paga a pena seguir con isto. Moitas grazas por estar sempre aí. Bicos!!!
Moitisimas Felicidades Roxegar.Gracias polo teu traballo, e pola túa colaboración con nosco. Sen dúbida con compañeiros así da gusto. Esperamoste durante moitos anos máis.Saudos
Moitas grazas Miguel. Espero poder seguir facendo isto ata que o corpo aguante e contando co voso apoio. Deste verán non pasa coñecernos por algún curruncho do Barbanza, saúdos!!!
GRACIAS. Un año después me he dado cuenta que nunca he comentado aquí y no tengo disculpa alguna. Te he seguido desde el principio y he utilizado la información para llevar a mis niños a las fiestas de la zona.
Te estoy muy agradecido Roxegar. De hoxe en un ano.
Moitas grazas Xotengo, por seguir o meu blog todo este ano e tamén por ofrecernos o teu traballo desde ese marabilloso blog do barrio dos Rosales. Eu tamén sigo o teu, máxime porque, como sabes, son veciño do barrio pero por cuestións de traballo non podo apenas gozar da miña casa e dos meus veciños. O blog do barrio mantenme informado e conectado convosco desde a distancia. A seguir así e de hoxe nun ano!!!
Felicidades Roxegar por este traballo. 1 ano perfecto de FESTA A FESTA que logrou consolidarse dentro das mellores webs de información de orquestas por non decir a mellor de todas. Noraboa Roxegar por este gran traballo e ánimo a seguir así, porque o vales.
Unha aperta.
Alberto Santos
Moitas grazas DON ALBERTO, con mestres así non é tan difícil. A verdade é que un ano dá para moito, pero o máis importante disto é coñecer a xente coma ti. Dentro dun ano veremos se continuamos por aquí, e mentres tanto a seguir coincidindo nas festas ou onde nos cadre. Saúdos amigo!!!
Moitos parabéns por este primeiro aniversario deste teu blog informativo tan currado, esperemos que dure moitos anos máis, e nos sigas a convidar a tantas e tantas festas máis. PARABENS compañeiro, merecelossss ¡¡¡¡¡
Moitas grazas, compañeiro!!! E moitas grazas non só polas túas palabras senón por toda a colaboración e axuda prestada por ti para facer posible isto. Xa sabes que es o correspondente das Mariñas de Festa a Festa e conto contigo outro ano máis, renóvoche o contrato, jejeje. Un saúdo de país!!!
Moitos parabens por esta magnífica páxina, a millor sen dúbida de todas as que van sobre festas e orquestas con todos os respetos ás outras. Bos artigos, bos vídeos, magnificas fotos das orquestas, e ademais a única no noso idioma. Unha pasada!!! Espero algún día conocerte en persoa. E como dis ti, vémonos nas festas!
Boas. Perdoa tantísimo retraso en facer este comentario pero é que acabo de ver este post, e non será por que visito este blog a menudo, pero que lle imos facer, pasóuseme no seu momento!
Noraboa e felicidades polo aniversario e que sexa o primeiro de moitos máis!!!
Saúdoss!!