Philadelphia abre as festas patronais de Noia

0
546

París de Noia - 2010 - 00026 - Aguiño (Ribeira)A París de Noia (na imaxe) xunto coa Panorama serán as encargadas de clausurar as festas o próximo domingo /© Fotografía roxegar 2010

[Podes clicar na imaxe para ver máis fotos de París de Noia. © Todos os dereitos reservados]

Dentro dunhas horas na Alameda de Noia, entre postos de algodón e olor a mazás caramelizadas, comezan as festas patronais. A orquestra PHILADELPHIA será a encargada de abrir esta edición 2010 do San Marcos. Cambios no repertorio con novos temas, algún deles propio, e unha proposta musical moi variada definen nestes momentos a orquestra liderada por David Balboa.

Son cinco as formacións musicais da axencia de espectáculos Lito que compoñen o cartel festeiro do patrón máis unha que actuará o sábado no Liceo de Noia. A orquestra rianxeira ABANICO será a encargada da festa no local mencionado mentres que MONTES e PALLADIUM animarán a verbena na Alameda na noite do sábado.

E para rematar, o domingo terá lugar, novamente, outro duelo entre a PARÍS DE NOIA, que xoga na casa, e a PANORAMA. Orquestras de nivel en Noia para tres días de festa rachada.

Á parte do baile, destaca o recinto de atraccións instalado no paseo marítimo e a feira cabalar nas proximidades da estación de autobuses.

orquesta-palladium-2010-cartel1A orquestra Palladium encargarase da verbena do sábado xunto coa Montes de Narón. Abanico de Rianxo, mentres, actuará no Liceo de Noia

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*