Duelo a tres bandas

0
397

Orquesta Philadelphia 2009 0007 Festa da Luz.JPGNatalia Méndez, unha das voces femininas de Philadelphia / Foto: © roxegar

Hoxe en Cuntis vaise montar unha boa… festa. Tres orquestras amenizarán a I Festa da Xuventude, e non son tres orquestras calquera: PHILADELPHIA, COSTA OESTE e OLYMPUS, as cales ofrecerán novos repertorios e boa música ata que o corpo aguante.

Nas tres formacións musicais do catálogo de Espectáculos Lito hai cambios con respecto de 2009. E nas tres hai novidades na dianteira. Ás novas incorporacións dos músicos nas tres formacións hai que sumar as de Rodo na dianteira de OLYMPUS, María e Elier en PHILADELPHIA e Dunia en COSTA OESTE. As tres orquestras, ademais, irán presentando novidades no repertorio pouco a pouco e hoxe pode caer algunha. Máis adiante haberá outras como o novo CD de PHILADELPHIA, o novo de COSTA OESTE (OLYMPUS acaba de presentar o seu, titulado O final do camiño), cambios no escenario da de Negreira, novo club de fans en COSTA OESTE, etc…

En calquera dos tres CD haberá cancións propias. No caso de PHILADELPHIA haberá un tema composto polo propio Elier titulado La pachanguita. No caso de COSTA OESTE non hai datos pero está confirmada a inclusión dun tema propio da orquestra.

Hoxe temos a oportunidade de velas ás tres xuntas en Cuntis no que é a I Festa da Xuventude; ademais OLYMPUS e COSTA OESTE regresan dunhas minivacacións e comezan hoxe a xira propiamente dita. A festa está asegurada en Cuntis para darlle a benvida a unha nova celebración que nace en tempos de crise, o cal non é pouco mérito. Oxalá dentro dun ano esteamos anunciando a II edición. Boas festas!

Podes consultar as datas de marzo destas e doutras orquestras na entrada do blog (Datas festeiras de marzo).

Javi Comesaña Costa Oeste

Javier Comesaña, unha das voces masculinas de Costa Oeste / Foto: © roxegar

A continuación ofrecemos un vídeo de 2009 no que Marta Valiño (Olympus) interpreta Aleluya:

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*