Foliada quenta motores en xaneiro

0
305

orquesta-foliada-2010-datas-xaneiro

A orquestra coruñesa FOLIADA, que en 2010 cumpre 30 anos de existencia, disponse a ofrecer as primeiras actuacións do ano, que culminarán no verán cunha ampla xira pola nosa terra e as comunidades veciñas. Despois de comezar o ano con verbenas en Ponte do Porto (Camariñas) ou Loiba (Ortigueira) e fóra das nosas fronteiras en Bembibre (León), a orquestra prosegue co seu calendario para este mes de xaneiro con actuacións en salas pero tamén en campos de festa. A climatoloxía xa non é impedimento para celebrar festas ao aire libre grazas ás carpas con calefacción, feito que fai que algunhas destas tradicionais celebracións perdidas nos últimos anos se estean a recuperar sempre que a crise, por outra banda, o permita.

Ofrecemos as próximas actuacións de FOLIADA para as vindeiras semanas:

DÍA 16 (SA)  LA FLOR DE MONTOUTO, ABEGONDO
DÍA 23 (SA)  BARAZÓN, SANTISO
DÍA 24 (DO) RÁBADE, LUGO
DÍA 30 (SA)  PENDENTE DE CONFIRMAR

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*