Renovación na dianteira de Suavecito Orquesta

0
398

suavecito-orquesta-2009-cartel

Cartel de Suavecito Orquesta y Coros 2009. Cambios nas voces femininas e nos teclados

A SUAVECITO ORQUESTA Y COROS representada polas axencias Zona Sur e Alfa3 Producciones é outra das orquestras que renovará a dianteira, concretamente o apartado de voces femininas. As dúas cantantes actuais da formación musical, Krystie e Orisbely, abandonan a orquestra para comezar novos proxectos.

Suavecito Orquesta y Coros súmase á lista de formacións que cambian as dúas cantantes, como JERUSALÉN (abandonan Leshka e Susi), MARBELLA (abandonan Eva e María), CINEMA (abandonan Jessica e Pili), ABANICO (abandonan Cristina e Estefanía) ou PANORAMA (abandonan Irene e Diana) entre outras.

Así as cousas, dúas serán as novas voces femininas da orquestra de Carlos Mariano: Tamara Naje (que xa estivera en SUAVECITO e máis tarde varios anos na PARÍS DE NOIA), volve a Galicia de novo para integrarse na orquestra; e Estefanía García, unha das actuais voces de ABANICO.

Tamén haberá un terceiro cambio, esta vez nos teclados; abandona Gerson e entra Vicente (ex PHILADELPHIA).

SUAVECITO ORQUESTA 2010 queda da seguinte maneira:

VOCES:
Carlos Mariano (voz masculina)
Armando Enrique (voz masculina)
Tamara Naje (voz feminina)
Estefanía García (voz feminina)

RITMO:
Ivan Pla (batería)
Nando Peón (baixo)
Sito Suárez (guitarra)
Vicente (teclados)

METAIS:
Sara Rivas (saxo)
Óscar Parra (saxo)
Jonathan Jueguen (trombón)
José Naharro (trompeta)
José Chacón (trompeta)

Orquestra de luxo para as festas de 2010 en Galicia. En breve comeza a nova temporada de SUAVECITO ORQUESTA Y COROS.

suavecito-orquesta-2009-foto-promoFotografía promocional de Suavecito Orquesta y Coros 2009

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*