Homenaxe aos míticos Papaqueixos no Papagrelo 2009

0
860

monfero-papagrelo-2009-cartel

MONFERO, 31 DE OUTUBRO: PAPAGRELO 2009

A cita do sábado en Monfero é para ter moi presente. O mes acaba esta fin de semana con música folk de primeiro nivel. O cartel do Papagrelo 2009 é impresionante: Os 3 TREBÓNS, OS ULTRÄQÄNS, BANDA POTEMKIN, OS CUCHUFELLOS. E polas tabernas da vila, a música da charanga OS VERANEANTES.

Parece que este festival fose a volta do grupo OS PAPAQUEIXOS, unha formación musical que se caracteriza pola súa alta calidade e a súa actitude festivaleira.  E é que, en realidade esta vai ser unha homenaxe polo X aniversario do disco “A Lóxica Aplastante do Comité de Propaganda” dos PAPAQUEIXOS, grupo desaparecido dende hai oito anos e que volve a xuntarse exclusivamente para a ocasión como tal. Os PAPAQUEIXOS volven a actuar por derradeira vez; mellor poñamos por última vez, nunca se sabe.

Tres integrantes deste mítico grupo pasaron a formar o grupo ULTRÄQÄNS, concretamente Tino Vilaro, Antón Díaz e Fran Amil. E mesmo formaron parte doutros grupos como por exemplo Antón (baixo) e Fran Amil (batería), tocando na formación OS 3 TREBÓNS. Este último xunto con Manolo Montero (frauta) integran POTEMKIN, grupos que tamén estarán no escenario de Monfero achegando a súa orixinalidade e frescura. OS PAPAQUEIXOS e as súas derivacións xúntanse, xa que logo, para esta homenaxe única e irrepetible.

O sábado en Monfero, o lado bravú do rock galego con contundencia, orixinalidade e frescura.

Sen comentarios

Deixa una resposta a CCCP » Papagrelos 09 Cancelar resposta


*