Noela de Océano ficha pola orquestra Jerusalén

0
392

grupo-oceano-2009-cartelA actual cantante do grupo OCÉANO, Noela, é a nova fichaxe para a orquestra JERUSALÉN. Con esta nova incorporación complétanse as dúas vacantes anunciadas na orquestra para 2010 de maneira que Noela de OCÉANO e Jorge, percusionista de TANGO, ocuparán os postos deixados por Leshka e Melo. Este último, á súa vez, é a nova fichaxe de LA OCA, da cal demos conta en exclusiva en Festa a Festa, para ocupar o posto de batería que deixa no grupo de Sanxenxo Meni Iglesias.

Pero non acaban as sorpresas en JERUSALÉN: estase a negociar a incorporación doutra nova voz feminina da que se informará nos próximos días.

Tanto Leshka como Meni abandonan o mundo das orquestras. Moita sorte aos que saen e tamén aos que entran.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*