Castelo comeza as súas festas grandes

0
364

culleredo-castelo-2009-cartel-agosto1A Comisión de Festas de Castelo (Culleredo) ten páxina web propia e tamén está presente en distintas redes sociais como facebook

A parroquia de Castelo, no concello de Culleredo abre hoxe as súas festas grandes, as de San Ramón (ten outras no mes de xullo, pola festividade do Apóstolo Santiago). Un festival de música disco, o CASTELO MUSIC FESTIVAL, será o encargado de abrir as celebracións de agosto. Na polideportiva de Castelo soará a música de ata 10 formacións entre grupos e DJ.

Mañá venres comezarán as verbenas da man de dúas grandes orquestras: a coruñesa VERSALLES e a SINTONÍA DE VIGO. Ritmos latinos por unha banda e música clásica de verbena polo outro, con guiños de ambas formacións a outros estilos musicais. A orquestra coruñesa xa actuou nestas mesmas festas hai dous anos.

O sábado día 30, a verbena será a cargo do grupo LA OCA. Boa música e unha festa amena, como adoita ofrecer sempre este grupo que está batendo marcas en canto a datas contratadas este ano. É unha das formacións máis demandadas polas comisións de festa na axencia que a representa (Espectáculos Lito), ademais, acaban de presentar CD que se pode adquirir nas festas onde actúa LA OCA e en grandes superficies.

Un dúo musical porá fin ás celebracións o vindeiro domingo.

Toda a información das festas de Castelo na páxina web da comisión de festas

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*