X Festa do cochiño de Cerceda

0
523

afiche-olympus-20092A orquestra Olympus de Negreira actuará nas instalacións do Aquapark de Cerceda (A Coruña) xunto con Panorama

SÁBADO 25 DE XULLO. AQUAPARK DE CERCEDA

Outro ano máis o concello de Cerceda celebra nas instalacións do Aquapark a Festa do cochiño, que xa vai pola décima edición.

Esta festa gastronómica que cae sempre o ultimo sábado do mes de xullo quere exaltar un produto da comarca organizando cada ano unha festa popular con diversas actividades e na que prima a actuación de grandes orquestras: desta volta OLYMPUS e PANORAMA serán as encargadas de amenizar o baile a partir das 19.00 horas.

Podes consultar o programa completo da Festa do cochiño de Cerceda.

PROGRAMA:

12:00 Actuación da charanga “MECÁNICA” e “RUADA”, e  dos grupos de gaitas “CUARTETO QUEIXAS” e “NOVA XUNTANZA”.

14:00 Xantar. Degustación de cochiño, churrasco, polbo e demais produtos típicos da cociña galega. Intervención durante a comida das charangas “MECÁNICA” e “RUADA”; e dos grupos de gaitas “CUARTETO QUEIXAS” e “NOVA XUNTANZA”.

19:00 Actuación estelar das orquestras “PANORAMA” e “OLYMPUS”

Atraccións para os máis cativos.

**RESERVA ANTICIPADA DE LOCALIDADES LOGO DA COMPRA DE TICKETS NO CONCELLO.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*