Máis festas no concello de Dodro

0
318

dodro-imo-2009-cartelE máis celebracións das que hai que dar conta no concello de Dodro. Despois das de Lestrove, chegan as de Imo – Castro. Para sermos rigorosos hai que dicir que estas xa comezaron onte coa actuación dun grupo musical e unha discoteca móbil.

Un grupo e mais unha orquestra actuarán os dous últimos días de festa. A primeira convocatoria estará amenizada polo grupo LA OCA e a orquestra CINEMA. O último día de celebracións actuará o grupo TRIUNFO xunto coa orquestra MONTES.

E falando do grupo LA OCA, adiantamos que temos noticias, vídeos e unha ampla galería de fotos desta gran formación de Sanxenxo coa que acabamos de pasar un inesquecible día. Moi pronto todo este material en Festa a Festa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*