Boas festas en Monfero

0
360

monfero-val-do-xestoso-2009Concretamente no Val de Xestoso están estes días de festa. A zona de Monfero é moi boa neste tipo de celebracións; malia non ser un concello moi poboado organiza festas durante todo o ano que teñen moita sona pola comarca e zonas limítrofes.

No Val de Xestoso teñen preparado un cartel de primeira: hoxe venres, despois da popular churrascada, festa garantida cunha das grandes, a CHARLESTON BIG BAND e outro dos grandes, o grupo CICLÓN. O sábado tocarán as orquestras LA BÁMBOLA e MARBELLA LIGHTS SHOW e o domingo, fin de festa coas orquestras FANIA BLANCO SHOW e NUEVA GENERACIÓN. Unha oportunidade para ir de (boa) festa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*