Marbella cerra as festas María Pita 09 en Santa Margarida

0
367

orquesta-marbella-lights-show-2009-cartel1A orquestra Marbella Lights Show cerra as festas de María Pita, mañá na romaría do parque de Santa Margarida

Hoxe e mañá hai unha cita festeira inescusable na Coruña: a Romaría de Santa Margarida. Como cada ano, esta celebración cerra as festas de María Pita cunha gran verbena no auditorio do parque e unha sesión de fogos de artificio no descanso. A orquestra elixida este ano é MARBELLA LIGHTS SHOW.

Pero hai outras moitas actividades como a música electrónica que se escoitará nun concerto hoxe pola tarde ou a música de banda por parte da Banda Municipal, a música da TUMBALOBOS ORQUESTRA, do coro Cantares Gallegos ou do grupo musical coruñés LA SONORA CALLEJERA mañá durante toda a xornada.

Fóra do aspecto musical destaca o famoso concurso de empanadas, coa posterior degustación á parte de espectáculos de maxia e festa infantil para os máis pequenos. Como cada ano, o parque coruñés congregará a milleiros de veciños e visitantes nunha cita que, lonxe de perder fol, se afianza cada ano máis no calendario festeiro.

Podes consultar o programa completo da Romaría de Santa Margarida publicado no blog Barrio dos Mallos. Coma sempre, agradecemos ao administrador deste fabuloso blog do barrio o traballo de información ofrecido.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*