Novo evento solidario da orquestra PANORAMA. A formación musical ofrece a primeira ou a segunda gala solidaria, segundo se mire. A primeira, porque se trata da I Gala Panorama contra o Párkinson, que terá lugar en Sanxenxo este sábado 30 de xullo. A segunda porque se trata do segundo evento deste ano, despois da Gala contra o Cancro que xa está afianzada no calendario festeiro galego (aínda que desta volta non foi en Vilagarcía senón en terras leonesas).

Sanxenxo 2016 - I Gala contra o Párkinson - 2016

Para esta nova Gala, a orquestra estará acompañada novamente de artistas de recoñecido prestixio como LUIS FONSI, EDURNE ou os GEMELIERS. Tamén estará o grupo LOGIA, composto por tres músicos da orquestra, DIEGO MARTÍN ou o considerado grupo do momento, MORAT.

As entradas están a venda anticipadamente por 10 € e no momento de entrar, no despacho de billetes, por 13 €. Esperemos que sexa todo un éxito e se cadra ten continuidade no tempo e se consolida como a súa irmá máis vella, a Gala contra o Cancro.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*