Rábade celebra as Festas do Verán ata o domingo

0
288

Orquesta Panorama - 2010 - 0067 - Dena

Mañá venres terá lugar unha das verbenas máis destacadas en Rábade, a actuación das orquestras Olympus e Panorama. Nas fotos, as cantantes de ambas formacións, Lydia Salar e Maythe Leiva de Panorama, e Marta Valiño, da orquestra de Negreira

Orquesta Olympus - 2010 - 0093 - Ribeira

Marta Valiño (Olympus)

Orquesta Panorama - 2010 - 0058 - Dena

Maythe Leiva (Panorama)

A localidade luguesa de Rábade celebra ata o próximo domingo as súas Festas do verán, as máis importantes do ano. Xa onte tivo lugar a primeira actuación dentro do RABAFOLC, que xa vai pola súa edición XVI, coa participación de catro grupos.

Hoxe comezan as verbenas, a primeira delas coa orquestra TOP LEADER. Mañá venres, gran actuación entre PANORAMA e OLYMPUS. Xa o sábado haberá outra máis, esta vez coas formacións NUEVA GENERACIÓN e ORQUESTRA TV NORDÉS. Para rematar as festas 2010, o domingo está programada a última verbena coa orquestra VENEZIA.

Á parte da popular música de verbena, hai outras actividades lúdicas e deportivas para completar o programa en Rábade. Para informarse sobre todos os actos festivos pódese consultar a páxina web do concello.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*