Santo Hadrián de Cobres: bo tempo e boa festa

0
489

Orquesta Panorama - II Gala Panorama contra o cancro 2009_0004.JPGAs orquestras Panorama e Sintonía de Vigo actúan hoxe en Cobres (Vilaboa) / roxegar

Podes acceder á galería de Flickr para ver máis imaxes da orquestra Panorama premendo na foto

MARTES 16 DE XUÑO EN COBRES (VILABOA): PANORAMA E SINTONÍA DE VIGO

Hoxe 16 de xuño é o día de Santo Hadrián, e algunhas localidades preparan ou comezan xa as súas festas patronais, como é o caso de Cobres, no concello de Vilaboa.

Ao pé da ría, esta localidade pontevedresa principia hoxe as súas festas máis famosas xunto co Entroido. E faino con boa música, como é a das orquestras PANORAMA e SINTONÍA DE VIGO.

Pero o programa de Cobres continúa esta fin de semana. En concreto o venres actuará a ORQUESTRA TV e a GRAN PARADA. O sábado tocarán as orquestras MIRAMAR e FOLIADA e o domingo cerra as celebracións a MARBELLA LIGHTS SHOW.

E outra festa do Santo Hadrián, hoxe, esta vez na parroquia do mesmo nome en Lourenzá, Lugo, coa actuación da orquestra SUAVECITO.

Tamén en Malpica haberá celebración do santo a vindeira fin de semana, coas orquestras ALIANZA, XUNTANZA e JUAN MALLO.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*