Imaxe do novo escenario do grupo Samba
O grupo SAMBA xa loce o seu novo escenario polas festas. A banda liderada por Estela Rodríguez acaba de xubilar o seu camión-palco e estreou o sábado pasado nunha parroquia lalinense o novo. As dimensións son moito maiores xa que estamos a falar dunha estrutura movida por cabeza tractora. O novo escenario-tráiler foi construido nos talleres ODL.
Pero aínda hai máis, aos cambios de escenario e repertorio (que seguirá na liña do grupo de ofrecer música 100% bailable) hai que sumar a próxima saída dun CD para conmemorar os 25 anos de andadura da formación musical. E é que este ano as novidades nos grupos e orquestras veñen a pares e SAMBA non ía ser menos.
Unha grande aposta por seguir mellorando en tempos difíciles, máis meritorio aínda cando estamos a falar dun grupo pequeno que foi construíndo pouco a pouco a súa historia desde abaixo. Pero detrás dun grande esforzo sempre hai unha recompensa, e o nome de SAMBA cada vez está mellor posicionado nas nosas festas. Eles meréceno…