Santa Comba por todo o alto

0
373

orquesta-palladium-2010-cartelA orquestra Palladium abre esta noite, xunto coa Galilea, as festas de San Pedro en santa Comba

Comezan hoxe as festas de Santa Comba. No propio día do patrón, a localidade principia catro días de festa por todo o alto. Seis orquestras das mellores e un grupo musical, á parte dunha gala moi especial, son o prato forte das celebracións do San Pedro 2010.

PALLADIUM e GALILEA serán as primeiras en ofrecer os seus repertorios na verbena de hoxe. VERSALLES e ACHÉ continuarán mañá, e o mércores serán PARÍS DE NOIA e OLYMPUS as que se baterán en duelo no campo da festa.

O venres terá unha noite moi especial, ademais de ser o último día dos festexos, haberá unha gala cos finalistas do Festival da Canción do Xallas. A esta actuación hai que lle sumar a verbena que levará a cabo o grupo OCÉANO.

Santa Comba por todo o alto… ata o venres festa rachada na comarca do Xallas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*