París de Noia e Aché xuntas en Taragoña

0
370

rianxo-taragona-festa-da-xuventude-2010-cartel

En Taragoña, Rianxo, decidiron organizar unha nova festa: a da Xuventude, que se suma a todas as que nestes últimos anos foron aparecendo sobre todo na primavera, e que destacan doutro tipo de celebracións por levar, na maioría dos casos, dúas ou tres orquestras de primeira liña.

En terras rianxeiras o sábado 20 terá lugar a I Festa da Xuventude de Taragoña. As orquestras contratadas para o evento son a PARÍS DE NOIA e mais a ACHÉ, e é a primeira vez que estas dúas formacións coinciden nunha festa.

As dúas orquestras uniranse para cantar xuntas o himno de ACHÉ titulado como a xira, Celebra la vida. Sen dúbida é un bo cartel para o primeiro ano dunha festa que agardamos cumpra moitas máis edicións. Algunhas festas da xuventude ou da mocidade son xa tradicionais e cita inescusable para un bo festeiro; para mostra a de Boqueixón, que xa vai pola quinta edición e se converteu nunha das citas máis importantes por estas datas, ou a de Parada (Ordes), xa máis contra o verán. Benvida sexa a nova celebración en Taragoña e que saia ben e haxa boa festa. Polas orquestras non ha de haber problema…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*