Arra combate o frío con catro orquestras

0
386

Grupo La Oca 2009O grupo pontevedrés La Oca actúa hoxe coa Jerusalén en Arra (Sanxenxo)

A pequena parroquia de Arra, en Portonovo, Sanxenxo, está de festas. E para combater o frío nada mellor que a boa música de catro formacións musicais que pasarán polo campo da festa, no alto do lugar e desde onde se divisan unhas vistas impresionantes.

A primeira xornada, hoxe venres, estará amenizada pola música de LA OCA e JERUSALÉN. O grupo de Dani Dopazo tocará na casa e a orquestra liderada por Jorge Meléndez ofrecerá o seu novo repertorio.

Mañá sábado serán as orquestras SUAVECITO e COSTA OESTE as que poñerán o broche final ás festas. As dúas orquestras están a preparar o que será o repertorio 2010 e combinarán todo tipo de estilos musicais.

A verbena comezará, ambos os dous días, ás 21:00 horas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*