Novos e veteranos na orquestra Montes 2010

0
440

orquesta-montes-2009-cartelO cartel da orquestra Montes cambiará profundamente na temporada 2010

A orquestra MONTES de Narón acometerá estes días cambios importantes no plantel de músicos e vocalistas de cara á nova temporada 2010. Desde a dirección da orquestra informáronnos esta fin de semana dalgúns dos cambios que se van levar a cabo aínda que faltan máis.

Os cambios principais na dianteira serán os seguintes: Daniel Ríos e Javier serán as novas voces masculinas substituíndo a Carlos Martín e Roosevelt. Daniel foi concursante no programa da TVG Son de Estrelas. Pola súa banda, Javi procede da orquestra XENTE NOVA. Na parte feminina será Vanesa, ex cantante do trío CHASTON, a que formará parte da banda como cantante.

No cadro de músicos cabe salientar a incorporación de Ivis aos teclados. Procedente da orquestra PANAMÁ, este músico xa formou parte de MONTES noutras temporadas.

Pero aquí no rematan os cambios. Proximamente a dirección de MONTES informará sobre as novas fichaxes na sección de metais, que parece ser que se renovará tamén.

Moitos cambios para a orquestra MONTES 2010 que de seguro han de repercutir positivamente nesta formación musical naronesa de gran prestixio, sobre todo entre a xente veterana, porque a sona de MONTES xa vén moito de atrás no tempo e foi gañada a pulso. Proximamente teremos máis novas sobre a orquestra.

Sen comentarios

Deixa una resposta a MARIA RITA Cancelar resposta


*