Los Satélites celebran o 70 aniversario

0
350

orquesta-los-satelites-2009-cartel-pequenoLos Satélites, formación actual

A CORUÑA, TEATRO COLÓN, VENRES 6 DE NOVEMBRO, 20:30 HORAS

E o que queda, porque lonxe de acusar desgaste, esta orquestra está considerada como unha das mellores de Galicia e a súa axenda é das máis ocupadas tanto en festas galegas como fóra das nosas fronteiras.

O evento terá lugar mañá venres no teatro Colón da Coruña e as invitacións están esgotadas xa desde o mesmo día que se puxeron á disposición do público. Oitocentas persoas poderán gozar dunha gala presentada por Yolanda Vázquez e Paco Lodeiro, responsable da organización da gala.

A formación musical coruñesa actual, considerada a máis emblemática da cidade, sen dúbida ningunha, reencontrarase no escenario do Colón con algúns dos membros máis importantes ao longo da vida de LOS SATÉLITES. Á parte dos 14 compoñentes actuais, dirixidos por Javier Saavedra, estarán na gala algúns dos míticos como o trompetista Manuel Euroa (fillo e sobriño dos fundadores), ou Sito Sedes (o cantante de referencia nos anos 70 e 80 e o que gravou máis discos), Alvarito Pita (o máis veterano), Tito Calviño, José Luis ou Melchor… todos estes e algún máis recordarán a historia musical da orquestra nacida en 1938 no bar La Tacita de Oro.

Algúns datos de grande importancia na historia de LOS SATÉLITES:

– En 1955 a formación musical viaxa a Venezuela e convértese na primeira orquestra en acudir a América.

– Por aqueles tempos viaxaron tamén a Alemaña, Inglaterra, Suíza, Portugal ou Arxentina entre outros países.

– Acompañaron a artistas como Betty Misiego, Víctor Manuel ou Masiel.

– Foi a orquestra titular do programa de TVE Aplauso (1980) e de Querida Concha (1993).

– Algúns traballos discográficos da orquestra foron disco de ouro.

Grandes LOS SATÉLITES e aí seguen e seguirán por moito tempo.

orquesta-los-satelites-2009-cartel-toda-a-orquestra

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*