Festas do Verán por todo o alto: Ribeira 2009

0
427

ribeira-festas-do-veran-2009-cartel

ABREN PANORAMA E LUAR NA LUBRE. CERRAN PHILADELPHIA E TRICICLE

Mañá mércores comezan as Festas do Verán de Ribeira. Sen apenas tempo para descansar da Dorna, a capital do Barbanza celebra unhas festas populares cun cartel impresionante con orquestras e grupos de primeira liña como LUAR NA LUBRE, RUXE RUXE, PANORAMA, SINTONÍA DE VIGO ou LOS SATÉLITES entre outros.

Rematadas as festas de Arteixo e O Burgo (Culleredo), moitas das atraccións de feira instaladas nestes recintos marchan a toda pastilla para se instalaren en Ribeira, no Paseo do Malecón e no porto. O recinto de atraccións de Ribeira é, posiblemente, despois do de San Froilán, o de maior importancia en Galicia polo número de aparellos e casetas concentrados.

As festas comezan mañá mércores coa actuación da orquestra PANORAMA e do grupo folk LUAR NA LUBRE e rematan o domingo coa actuación da orquestra PHILADELPHIA e o espectáculo de TRICICLE. Tamén destaca o sábado a sesión de fogos artificiais e acuáticos e mais o concerto do grupo de rock galego RUXE RUXE, e o domingo o desfile de carrozas.

O xoves actuará nas festas a orquestra SALSA ROSA, na que traballa unha veciña de Ribeira como cantante: Karol estréase no mundo da canción e actuará na terra que a viu nacer.

orquesta-salsa-rosa-2009-foto-karolFonte: web da orquestra Salsa Rosa. Karol, unha das cantantes de Salsa Rosa, natural de Ribeira e que se estrea nesta profesión

Cinco días cheos de música e actividades lúdicas de mércores a domingo entre as que se inclúen deportes, mostra de danza, xornada de multixogos FESTIRIVEIRA ou recinto de hinchables gratuítos para os nenos RIVEIRALANDIA entre outras actividades, que converterán a capital do Barbanza tamén na capital da diversión. O luns terá lugar o día do neno, no que as atraccións de feira terán prezos populares.

PROGRAMA DAS FESTAS DO VERÁN DE RIBEIRA 2009

ribeira-festas-do-veran-2009-29-xulloribeira-festas-do-veran-2009-30-xullo1ribeira-festas-do-veran-2009-31-xulloribeira-festas-do-veran-2009-1-agostoribeira-festas-do-veran-2009-2-agosto

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*