A Centenaria rebenta coa Dorna 2009

0
482

RIBEIRA. FESTA DA DORNA 2009

ribeira-dorna-2009-cartel

Comeza este venres unha das celebracións de máis cerne no Barbanza, unha das festas populares de máis sona en todo Arousa Norte: a Dorna de Ribeira. A capital barbanzana xa está preparada para unha edición da súa festa máis famosa, declarada de interese turístico galego e que converte a cidade na capital do desbarre pero tamén da imaxinación.

O “enjalanamento de fanequeiras” o primeiro día, o “Jran Prix de Carrilanas” o domingo ou o “Rejata de embarcasións” o día propio da Dorna (venres 24) son algúns dos acontecementos recomendables para todo festeiro que se queira achegar a Ribeira para coñecer e gozar desta curiosa celebración.

O apartado musical tamén é un apoio importante na Dorna. Grupos locais pero tamén doutros lugares como Ferrol, Vigo, A Coruña, Alacant ou Palencia porán todo o necesario para que a festa sexa todo un éxito.

Festa a Festa desprazarase algún día para estar presentes nestas festas e prometemos fotos do evento. Comeza xa a LXI Singladura.

ribeira-dorna-2009-cartel-concertos2

Podes clicar no cartel para ver a información a maior tamaño. No apartado de Enlaces, subapartado de Festas podes consultar a páxina web oficial e o blog da Dorna de Ribeira

Esta singladura conta coa participación de 15 formacións de moi diversos estilos musicais, desde a R. e I. Cofradía da Dorna quérese agradecer a todos os grupos a súa colaboración e espérase que entre tanta variedade tóodos os dorneiros queden satisfeitos. Os grupos que poderemos disfrutar este ano son:

Mércores 22, día dos grupos locais, no parque García Bayón estarán Los Krasta, La Mugre, Pirifláuticos, Areavasta, Os Tutos, Politoxicómanos, Tombstone Band, Oito Ferrados e Ribeira Enferma;

Xoves 23, día do exame de patróns, teremos no Malecón a Chotokoeu e a Recambios Tucho;

Venres 24, gran día da Dorna, tamén no Malecón tocarán La Vaga Banda, Konsumo Respeto, Eskakeo, Familia Iscariote.

PROGRAMA DORNA 2009

VENRES 17
12:01 – Percorrido polas ruas da Centenaria do Facho Dorneiro que abre oficialmente a LXI sinjladura da Festa da Dorna.
18:47 – Enjalamento de Fanequeiras. Tres pejotes de pintura e cartons decorados colgados con Sika-Flex daran un toque de jlamur ás fanequeiras este ano. Recordamos que o xurado non se deixara sobornar…. por menos de un xamon e duas botellas de barrantes.
00:03 – Jran Juateque Dorneiro no Metadona’s Parking de Coroso.  Capachos de desibelios faran as delisias de todos os dorneiros coa sonorisasión do mítico acoplaBandín e o estelar DJ Suso Discolocate (El regreso IIIª parte)
SÁBADO 18
16:22 e tres cuartos – XIX Xojos e Deporte Populares versión Terra no Coroso Arena Stadium. Jran cantidá e calidá de xojos faranche botar o fijado pola boca e cando estes reventado daras boa conta das saborosas mirindas que che esperan no chirinjito dorneiro.
21:31 – XX Sertamen Intinerante de Cansión de Tasca, co recorrido dos 1.521 tenores de Bandourrio por todas as fanequeiras facendo as delicias dos inversores de GAES que terán chollo para 5 meses mais.
00:13 – Jran Final da Cansión de Tasca no porche da casa de jesusito (Atrio da Ijlesia)
DOMINCO 19
20:12 – XIX Jran prix de Carrilanas polo trazado urbano da mamoa. Sientos de miles de bólidos baixaran a costa da mamoa sacrificando curvas, jastando tapacubos e fasendo as delisias do marabilloso publico que nunca se aparta da carretera. Moito ollo na curva Farruquito (o te quitas o te quito).
23:33:03 – Seluloide´s Day. Unha pantalla de sine mais jrande que a vela da Santa Maria cubrira a plasa de vigo (ex plaza do pirulí) para deleitar os presentes con cintas de jran prestijio en festivales como Sandans, Cans, Benesia ou os Hoscars de Jólibu, a maioria delas con mais de 3 jalardons para volver a ver en acsion ó Errol Flyn ribeirense, Juan Plasa.
MÉRCORES 22
18:01 – ROCK&DORNA no parque Jarsia Bayon donde 9 marabillosos grupos locais de todos os estilos deleitaran os presentes cas suas melodiosas voses ata as 3 da mañan.
Entre medias a eso da 22 horas habera SARDIÑADA de clo-cló (jodechinchos al ataque) e unha jran pota de callos con jarbansos cortesía de Serrans + Marrans que este ano selebran o seu 5º aniversario na Festa.
19:30 – Maratasón dorneiro. Un ano mais duras probas esperan os nosos espartanos luchadores nas fanequeiras donde os malvados persas dos Carallos de Rei faran mil e unha escabechinas para que nincún cheje á final.
XOVES 23
16:12 – XIX Xojos e Deportes Populares Versión Mar no porto ribeirense donde os nosos ajerridos dorneiros volveran dar conta das suas habilidades a hora de pescar muxos ou de darse un bañiño entre a morca do muelle do jas dende o pau ensebado, no que o noso presidente nos amosara a milanaria arte do “Planchón no lombo” mellorada ano a ano.
20:01 – Jran Premio Icaro de Voo Sen Motor no muelle jrande, os toliños do pueblo tiraranse ó mar con obxetos creados para voar pero que o final solo sirven para esmorrarse contra o mar.
22:08 – Exame de Patróns, donde as novas peñas demostraran que están totalmente capasitadas para entrar a formar parte da mellor festa do mundo mundial e parte do estranxeiro.
22:76 – Macroqueimada Dorneira (tamén de clo-cló)
00:31 – Consiertaso no malicón a cargo de CHOTOKOEU e RECAMBIOS TUCHO
VENRES 24 DIA DA DORNA
11:43 – Expovarada de embarcasions no malicon para percorrer o camiño ata coroso blue beach donde tera lugar….
13:11 – XX Rejata de Embarcasions Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo. Jran Premio Cutre Sark e Jran Premio Luis Putton de Vela. Donde dusias de miles de obxectos flotantes surcaran as cristalinas ajuas da ria de arousa nun campo de rejatas de 2×3 millas nauticas.
15:03 – Romaria Dorneira no chirinjito de coroso (a comer de clo-cló ajain)
16:21 – Campionato Mundial de Chinchimonei
16:42 – Concurso de Ji-Jó.
19:54 – Top-secret. Un secreto mais importante que a reseta do producto antiedad de marujita dias percorrera as ruas da novena antes de irse para sempre por donde chejou.
22:00:001 – Jrandiosisimo Consierto no malicon a cargo das marabillosas bandas
 La vaga Banda
 Konsumo Respeto
 Eskakeo
 Familia Iskariote
luses, sonido e protesis de cadeira saltando polos aires faran as delisias dos asistentes a este broche magnifiquisimo.
05:98:76 – Entonasion do miudiño e arriada da pañoleta con pasaruas a cargo dos Kilomberos de Monte Alto
SÁBADO 25

23:00
– Baile de Jala no Mercantil. Aviso da orjanisasion. Aqueles machos que non veñan con traje de tres pesas e aquela damas con escote inferior a 30 cm. medidos para abaixo a partir do canalillo, absteñanse de presentarse na entrada.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*