No grupo JOCKER de Ponteareas este ano tamén vai haber cambios importantes. O primeiro deles xa é oficial; despois de dúas temporadas na formación Diego causa baixa e ficha polo grupo ISLA.
Pero non será o único cambio no grupo. En breve a formación musical dará o nome das novas incorporacións. Ademais, os cambios non se limitan aos integrantes xa que JOCKER cambia de axencia e a súa oficina de contratación pasará a ser Siglo XXI.
En cuestión de semanas saberemos o resto de cambios nos compoñentes de JOCKER.
BUENO, HAINOS PEORES