A Solaina verbeneira

0
425

orquesta-los-satelites-2010-cartel

O novo programa da TVG, A Solaina, contará esta tarde cun compoñente de Los Satélites e outro de Panorama e París de Noia, e emitirá unha reportaxe sobre a orquestra Aché

A TVG ten na súa programación un novo espazo para as tardes de frío e chuvia a partir das 17:00 horas: A Solaina. E hoxe o programa da Galega vístese de verbena para falar cun compoñente da orquestra PANORAMA (Lito), PARÍS DE NOIA (Blas) e outro de LOS SATÉLITES (Luis Rodríguez, batería) ademais, tamén se emitirá unha pequena reportaxe realizada o pasado venres no Cruceiro da Coruña (Santiago de Compostela) durante a actuación da orquestra ACHÉ.

Por se fose pouco, mañá mércores o espazo televisivo contará coa cantante Noelia Solleiro, tal como informamos a pasada semana en Festa a Festa, para realizarlle unha entrevista. A vocalista da orquestra CINEMA estará na vindeira temporada na MARBELLA, tal como confirmou a dirección da orquestra a este blog hai xa unha semana.

Parece que o novo programa da Galega vai ter moi en conta o fenómeno das verbenas e orquestras na nosa terra. Esperamos poder ver neste espazo máis reportaxes e entrevistas a membros das distintas formacións musicais para seguir promocionando e dignificando esta profesión.

Ofrecemos hoxe o vídeo (seguro que o primeiro de moitos que virán) da orquestra protagonista esta tarde no programa A Solaina, ACHÉ. Se queres velos en acción só tes que poñer esta tarde a Televisión de Galicia.

ACTUALIZACIÓN

A entrevista a Noelia Solleiro pasa a ser o mércores 13 de outubro.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*