O San Froilán máis verbeneiro

0
440

Lugo - San Froilán 2010 - cartel orquestrasNove orquestras e dous grupos amenizarán as verbenas na praza Maior para un San Froilán do máis festeiro

Unha das grandes citas en Lugo nestes días de festa é na praza Maior da cidade. Alí terán lugar, como cada ano, as verbenas que completan o programa musical xunto cos concertos na praza da Horta do Seminario e Santa María ademais do concerto no Pazo de Congresos de Joaquín Sabina.

Hai unha novidade importante no cartel de orquestras de Lugo este ano: as orquestras non son as habituais das últimas edicións. Houbo un cambio de axencia e polo tanto serán formacións musicais de Alfa3 Producciones e de Sito Mariño as encargadas de amenziar as verbenas do San Froilán. Así poderemos ver orquestras como POCEIRO, LOS PLAYER’S, GRAN CANARIA ou LEDICIA xunto con outras como LOS SATÉLITES ou a COMPOSTELA. Os grupos AMÉRICA e D’MODA tamén estarán presentes en Lugo.

Todas as verbenas terán lugar no sitio de costume: A praza Maior converterase nunha gran pista de baile para acoller música de todos os estilos. Alí o día 11 a orquestra GRAN CANARIA cerrará a súa primeira xira do verán en Galicia, con grande éxito, e o día 12 serán LOS SATÉLITES os que poñan o punto final ao San Froilán. Só cabe agardar que o tempo non estrague demasiado as xornadas festivas, porque o paraugas é tamén un convidado nas festas luguesas en case todas as edicións, e este ano xa confirmou asistencia.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*