O principal inimigo da verbena acaba de facer acto de presenza esta fin de semana: a estrada. O camión de apoio do grupo NEBRASKA de Xinzo de Limia sufriu un accidente no que, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais. O grupo xa está traballando para remontar este contratempo canto antes.

NEBRASKA 2017 - grupo - cartel

Esta é a mensaxe que o grupo publicou nas súas redes sociais:

“Gran susto el que nos llevamos ayer cuando nuestro camión de apoyo se accidentó a su regreso de Zamora. Afortunadamente no hay daños personales, con eso nos quedamos.
Gracias a todos los que os habéis interesado por lo sucedido.
Hoy día para descansar y recuperar fuerzas; mañana seguiremos trabajando en nuestra música y en nuestra infraestructura.”

COSTA OESTE 2017 - orquesta - cartel

Por outra banda, un accidente, aínda que non de tráfico, no escenario da orquestra COSTA OESTE, impediu que esta fin de semana a formación musical estrease a súa nova temporada en Portas (Pontevedra) e actuase tamén en Mondoñedo, a que sería a súa segunda data da temporada. Neste caso tamén se está traballando para abrir a nova edición 2017 nos próximos días, concretamente o próximo día 5 en Hospital (Tomiño).

A nova temporada da orquestra vilagarciana preséntase prometedora, cargada de novidades e cun cadro de músicos e cantantes de primeira liña. A próxima fin de semana si se prenderán as luces de COSTA OESTE para dar inicio ao seu tour 2017 “A lo loco”.

E para rematar, un incidente protagonizado por algún exaltado fixo que a orquestra MARBELLA tivese que baixar os panos do escenario antes de tempo nas festas do Alto do Castiñeiro (Narón) debido ao lanzamento de obxectos de cristal aos músicos. A dirección da orquestra non dubidou un segundo en ordenar a suspensión da actuación. Máis información na web dos nosos compañeiros de Orquestas y fiestas

http://orquestasyfiestas.com/incidentes-con-la-marbella/

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*