Dale al boom, boom, con Panorama

0
1442

O novo éxito da orquestra PANORAMA xa está aquí; prepárate a darlle ao boom, boom. A nova canción promete ter tanta sona como o anterior título propio da formación musical, Cómo está el panorama, do que tamén acaba de saír un remix para as pistas de baile.

O tema novo, Dale al boom, boom, formará parte do CD de estudio que está a piques de saír á rúa. Un novo proxecto musical que, como moitos outros da orquestra, sae coa intención de recadar fondos para a loita contra o cancro. O vindeiro venres en Ordes xa estará dispoñible para que todos aqueles que queiramos achegar o noso graíño de area o fagamos.

En Festa a Festa xa podes bailar co novo éxito pegadizo da PANORAMA: Dale al boom, boom.

Sen comentarios

  1. Tes razón Roxegar, o tema é para estrenar na gala e vén no disco contra o cancro deste ano. A xente moito inventa…
    A información de roxegar, Judit e Miguel é a correcta, Manuel, eu non sei en que festa estabas ti cando tocaron a canción.

Deixa unha resposta


*