E máis festas en Corrubedo

0
351

suavecito-orquesta-2009-cartelSuavecito Orquesta actuará hoxe nas festas de Santa Tecla en Corrubedo (Ribeira)

No Barbanza a roda das festas non para de dar voltas. Acaba de rematar o Nazareno e xa hai hoxe unha nova cita festeira. Desta volta na localidade de Corrubedo (Ribeira), famosa polo parque dunar do mesmo nome.

Celebran en Corrubedo a Santa Tecla, e para iso teñen preparada festa para hoxe e o vindeiro día 26 (sábado). Na xornada de hoxe actuará un trío musical e haberá unha gran verbena a cargo de SUAVECITO ORQUESTA, de Alfa 3 Producciones.

Ademais, nesta orquestra traballa un músico de Ribeira: o baixista Nando Peón (no cartel, primeiro empezando pola esquerda), responsable tamén da taberna celta Triskel, en pleno centro de Santa Uxía. Hoxe o famoso músico tocará para os seus veciños de Corrubedo.

Para a xornada do 26 haberá tamén verbena a cargo do grupo AZALEA e da orquestra ATLANTA.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*