A orquestra Panorama volve gañar

0
436

a-nosa-costa-concurso-mellor-orquestra-2009A orquestra Panorama proclámase vencedora, por quinto ano consecutivo, para os visitantes de Anosacosta / Foto: www.anosacosta.es

O concurso para votar pola mellor orquestra do ano chegou ao final. A votación popular, unha das máis importantes neste tipo de enquisas, que cada ano realiza na súa web a páxina Anosacosta proclama a orquestra PANORAMA como a mellor do ano 2009.

Por quinto ano consecutivo, a famosa formación musical destaca en número de votos fronte ás rivais. Tamén salienta a orquestra OLYMPUS, que nas últimas edicións queda sempre de segunda recortando posicións fronte á pontevedresa. En terceiro posto queda a formación coruñesa LOS SATÉLITES, que por primeira vez consegue estar no podium.

Este ano chamou a atención que entre os 8 finalistas se coase o grupo CICLÓN; o resto, en maior ou menor medida, veñen sendo habituais cada ano.

Anosacosta é un portal de noticias sobre a Costa da Morte, Bergantiños e Terra de Soneira que cada vez se consolida máis como medio de información destas comarcas coruñesas. Desde hai cinco anos leva a cabo este concurso mediante enquisa para buscar a mellor orquestra da temporada.

Deixamos a noticia desenvolta na web Anosacosta.es:

A orquesta Panorama volveu vencer, por quinto ano consecutivo, no concurso da Mellor Orquestra de Galicia, que impulsamos desde o portal Anosacosta.com. Obtivo un 33,37% dos votos.

A orquestra Panorama acadou un 33,37% dos 1.714 votos recolectados nesta fase final. Con anterioridade, houbo unha fase de nominacións para elixir as oito candidatas. O escrutinio quedou do seguinte xeito:

1. PANORAMA       572 – 33,37%
2. OLYMPUS               454 – 26,49%
3. LOS SATÉLITES    242 – 14,12%
4. CHARLESTON       178 – 10,39%
5. CICLÓN                    150 – 8,75%
6. PARÍS DE NOIA      62 – 3,62%
7. SUAVECITO             28 – 1,63%
8. PHILADELPHIA     28 – 1,63%

A Orquesta Panorama tivo coma principal rival a Olympus de Negreira, aínda que en todo momento mantivo a pole position. O webmaster de Anosacosta, Marcos Díaz Molk destacou o seguimento dun concurso que xa se convertíu en tradicional e agradeceu o apoio dos internautas a esta nova convocatoria:

“O noso concurso naceu coa idea de apoiar as nosas formacións e promocionar as verbenas de Galicia, é certamente creemos que acadamos o obxetivo, pola propia publicidade destas votacións, que encontraron un eco moi importante nos diferentes medios”.

Molk anunciou que a Panorama recibirá o seu trofeo e diploma acreditativo nunha das festas do verán (o ano pasado foi en Santa Comba). A verbena da entrega está aínda sen determinar, e animou as comisións de festexos interesadas neste acto a poñerse en contacto coa web www.anosacosta.com

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*