A Costa da Morte é unha das comarcas galegas que máis propostas ofrece nesta semana de vacacións (para uns) ou Semana Santa (para outros). A Mostra do Encaixe en Camariñas, que se completará a fin de semana coa Romaría do Monte; a festa do Santo Cristo en Fisterra a partir do sábado, para poñerlle o broche de ouro a toda unha semana de actos relixiosos e tradicionais; a Festa do Congro en Muxía, ofrecendo unha festa gastronómica 100% na zona ou, fóra da comarca pero na ruta da estrada que vai cara á Costa da Morte, en Vimianzo todas as actividades que se organizan ao redor do Castelo, son só algunhas das propostas que podemos atopar por esa zona, que se nunca defrauda, menos nunhas datas coma estas nas que podemos escoller multitudes de actividades e, como non, de festas.