As cifras de asistencia a unha das festas máis populares de Lugo desde hai 15 anos, o Arde Lvcvs, dispáranse en cada edición. Desta volta o tempo acompañou e o Concello dá unha cifra de asistencia á cidade das murallas de máis de 600000 persoas o que, dividido entre os catro días de celebracións dá un resultado superior ás últimas cifras do San Froilán.

Lugo 2016 - Arde Lucus (3)

Segundo o Concello, estímase que a festa deixou na cidade uns ingresos aproximados de 12 millóns de € e estúdase, ante o éxito que está collendo esta festa histórica, baixar do calendario de festivos o martes de Entroido para poñer no seu lugar o venres de Arde Lvcvs ou mesmo o luns seguinte ao domingo de fin de festas.

Lugo 2016 - Arde Lucus (2)

Sexa como sexa, as cifras do Arde Lvcvs non fan máis que confirmar a importancia das festas populares, de calquera tipo, en Galicia, motor importante, tamén, da economía do noso país.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*